Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo publica o seu Plan estratéxico de subvencións

PUBLICACIÓN

Arteixo publica o seu Plan estratéxico de subvencións

6 Mar, 2023 | AXUDAS, NOTICIAS, PES 2023 - 2025

O Boletín Oficial da Provincial recolle o Plan Estratéxico de Subvencións municipal para o período 2023-2025

Trátase dun documento que busca mellorar a eficacia das concesións e que permitirá relacionar os obxectivos a acadar e os efectos que se pretenden conseguir cos custos previstos e a súa financiación. A finalidade é adecuar as necesidades públicas a cubrir mediante as subvencións cos recursos disponibles, todo ilo con carácter previo á concesión.

O Plan estratéxico, que foi aprobado polo pleno da corporación municipal o pasado 23 de febreiro, destaca que é obxectivo da política de subvencións fomentar e impulsar todo tipo de actividades de utilidade pública ou interese social, ou de promoción dunha finalidade pública, e colaborar no desenvolvemento e o fomento de actividades de escaso rendemento económico.

No Plan Estratéxico contémplanse as áreas e materias a fomentar, así como os obxectivos e efectos que se pretenden conseguir co outorgamento das subvencións e a súa fonte de financiamento.

 

Ir al contenido