O Boletín Oficial da Provincial recolle o Plan Estratéxico de Subvencións municipal para o período 2023-2025
Trátase dun documento que busca mellorar a eficacia das concesións e que permitirá relacionar os obxectivos a acadar e os efectos que se pretenden conseguir cos custos previstos e a súa financiación. A finalidade é adecuar as necesidades públicas a cubrir mediante as subvencións cos recursos disponibles, todo ilo con carácter previo á concesión.
O Plan estratéxico, que foi aprobado polo pleno da corporación municipal o pasado 23 de febreiro, destaca que é obxectivo da política de subvencións fomentar e impulsar todo tipo de actividades de utilidade pública ou interese social, ou de promoción dunha finalidade pública, e colaborar no desenvolvemento e o fomento de actividades de escaso rendemento económico.
No Plan Estratéxico contémplanse as áreas e materias a fomentar, así como os obxectivos e efectos que se pretenden conseguir co outorgamento das subvencións e a súa fonte de financiamento.