O concello de Arteixo ofreceu un equipo de emerxencia á Xunta de Galicia e a Fegamp para colaborar nas tarefas de emerxencia que levan a cabo na comunidade valenciana.
O equipo está preparado tras o requirimento realizado desde a Fegamp e a Xunta de Galicia pola posible mobilización de medios municipais de Emerxencias e Protección Civil ás localidades da Comunidade Valenciana afectadas polos sucesos meteorolóxicos asociados a unha DANA.
Os medios que poderían ser mobilizados polo Concello de Arteixo de forma inmediata e que mellor poderían adaptarse ás necesidades dos traballos que se están realizando na comunidade valenciana serían os seguintes:
– Vehículo tipo Pick-Up, dotado de equipo básico de Protección Civil, medios de arrastre e sanitarios.
– Vehículo tipo furgón de 9 prazas, para o posible traslado de efectivos ou subministracións lixeiros.
– Remolque dotado con catro xeradores de 5 cv e catro bombas de achique serie DRX de 1 cv de potencia, maquinaria para cortar metais, utensilios de limpeza industrial e material de seguridade diverso.
– Medios humanos: 1 capataz do servizo de Emerxencias Municipal 2 operarios do servizo de Emerxencias Municipal 3 voluntarios da Asociación de Protección Civil de Arteixo