As Festas do Apóstolo 2025 chegan a Arteixo do 23 ao 27 de xullo cun programa cheo de música, cultura e tradicións para todos os públicos. O punto álxido será o sábado 26 ás 20:00 h coa actuación especial de Soraya Arnelas, que celebrará os seus 20 anos de carreira nun gran concerto na Praza do Balneario.
A programación arrinca o mércores 23 coas actuacións de Nano NZ e a Orquestra Cinema e DJ Kiko Varela, e continúa con A Misión, Kalima 3.0, Panorama, Orquestra Marbella, Los Satélites, Grupo Origen, e moito máis.
O venres 25 haberá tamén actividades culturais como danza contemporánea, o tradicional torneo de chave, o concerto da Banda de Música de Arteixo con temas de ABBA ou Queen, e o Festival de Habaneras.
A música tradicional terá un papel protagonista con sesións vermú, gaitas, alboradas e misas cantadas. Os máis pequenos terán a súa festa infantil o domingo 27, antes do peche co gran espectáculo de fogos artificiais ás 00:00 h.
O Punto Violeta estará operativo no Campo da Festa cada noite de festa, de 23:00 a 03:00 h, e as atraccións funcionarán sen música nin estímulos sensoriais de 16:00 a 19:00 h para garantir unhas festas máis inclusivas.
Podes consultar o programa completo aquí