O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o 31 de outubro próximo
O Concello abre as axudas á mobilidade destinadas a persoas con diversidade funcional que acrediten algún tipo de dependencia.
As axudas servirán para sufragar os gastos de persoas con mobilidade reducida e con dependencia que no poden usar o transporte público, para acodir a centros de rehabilitación, centros de día ou centros ocupacionais.
As axudas á mobilidade son un servizo público de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para acercar ás persoas con dependencia ou con taras que reúnan os requisitos esixidos para o uso do mesmo, a centros, programas e servizos. Para ser usuario do servizo hai que estar empadroado en Arteixo, ter recoñecida unha situación de dependencia e sofrir a imposibilidade de usar transportes colectivos.