Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Arrinca o curso 2025/26 de “Cultiva o teu lecer” con 112 grupos e 911 participantes

/ Arrinca o curso 2025/26 de “Cultiva o teu lecer” con 112 grupos e 911 participantes

A Concellería de Maiores, Actividades Sociais e Participación Cidadá puxo en marcha hoxe, 1 de outubro, o novo curso do programa municipal de actividades sociais “Cultiva o teu lecer”,. A iniciativa, xa consolidada, busca fomentar o encontro, a creatividade e o benestar da veciñanza.

O programa arranca con 112 grupos de actividades en dúas áreas principais: artística/creativa e física/benestar. A oferta inclúe propostas como pintura, bailes de salón, sevillanas, estimulación articular, manualidades, iniciación ao macramé e costura básica, entre outras.

Nesta edición están inscritos 911 participantes, aínda que as persoas interesadas poderán sumarse ás prazas vacantes durante todo o ano. A tramitación das novas inscricións realizarase todos os luns.

Mañá, xoves 2 de outubro, comezarán actividades en diferentes centros sociais do municipio:

  • A Baiuca: costura básica e bailes de salón

  • Armentón, Barrañán, Barrionovo-Pastoriza, Froxel, Lañas, Larín, Meicende, Sol y Mar e Vilarrodís: estimulación articular e manualidades

  • O Rañal e San Xosé Obreiro-Meicende: bolillos

“Cultiva o teu lecer” reafirma a aposta do Concello pola participación social activa, a aprendizaxe ao longo da vida e a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Arteixo.

Ir al contenido