Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Actividades de Xuventude para os meses de outono

/ Actividades de Xuventude para os meses de outono

O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas actividades formativas organizadas polo Departamento de Xuventude para os meses de outubro, novembro e decembro. A programación inclúe propostas de baile moderno, costura creativa, ofimática básica e conversación en inglés, dirixidas á mocidade do municipio.

As sesións de baile moderno desenvolveranse os xoves de 18.00 a 19.30 horas e os sábados de 12.00 a 13.30 horas. A actividade de costura creativa terá lugar os mércores de 17.30 a 19.30 horas, mentres que as clases de ofimática básica serán os luns de 18.00 a 19.30 horas. A formación en inglés conversacional impartirase os venres de 16.30 a 18h

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 7 ao 10 de outubro. A folla de inscrición está dispoñible aquí

O sorteo público de prazas realizarase o día 13 no Centro de A Baiuca, e o período de pagamento desenvolverase os días 14, 15 e 16 de outubro.

Cada actividade ten un custo de 12 euros.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Xuventude no Centro A Baiuca (Travesía de Arteixo 247) ou chamar aos teléfonos 981 659 095 e 981 659 133.

Ir al contenido