O concello abre o prazo para solicitar axudas para a instalación de ascensores. Ata o 10 de xullo. O prazo de xustificación dos gastos subvencionables rematará o 30 de novembro do ano posterior á concesión da mesma.
As axudas cubren do 50% dos gastos subvencionables, ata un máximo de 20.000€ en edificios colectivos e ata un máximo de 10.000€ por vivenda unifamiliar. Trátase de axudas compatibles con outras axudas para o mesmo fin, non podendo superar o 100% do custo subvencionable.
Nos últimos anos foron máis de 53 os edificios beneficiados por esta liña de subvencións. que chegaron a máis de 927.000€.
A continuación toda a documentación necesaria para a solicitude: