A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, vén de publicar a Orde do 9 de xullo de 2025 (DOG nº 133 de 14/07/2025), pola que se establecen as bases reguladoras do programa EMEGA, dirixido a fomentar o emprendemento feminino na nosa comunidade.
Este programa busca impulsar a creación, reactivación e consolidación de iniciativas empresariais lideradas por mulleres, ao tempo que promove a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. As axudas canalízanse a través de diferentes liñas:
Liñas de axuda dispoñibles:
-
Emega Emerxe: Para a posta en marcha de novas empresas e creación de emprego feminino estable, tanto por conta propia como allea.
-
Emega Impulsa: Dirixida á reactivación de empresas xa existentes ou á implementación de melloras que garantan a súa competitividade e mantemento de postos de traballo.
-
Emega Innova: Para apoiar iniciativas innovadoras con base científica ou tecnolóxica promovidas por mulleres.
-
Concilia: Complemento das axudas Emerxe para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades:
-
Concilia-promotoras
-
Concilia-persoas traballadoras por conta allea
-
Beneficiarias:
Poderán optar a estas axudas as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade ou formalicen plans de mellora ou reactivación entre o 30 de setembro de 2024 e o 14 de agosto de 2025.
Prazo de presentación:
O prazo para presentar as solicitudes está aberto desde o 15 de xullo ata o 14 de agosto de 2025, e deberá facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia