«Aprende a navegar pola Biblioteca» é a nova actividade que pon en marcha a Rede Municipal de Bibliotecas entre o 10 e o 21 de xuño próximos.
Trátase de que os usuarios coñezan de primeira man o seu sistema de clasificación de fondos o que lles permitirá maior autonomía á hora de elixir as súas lecturas.
Os interesados, maiores de 15 anos, teñen que se inscribir ata o 29 de maio no teléfono 981 659106. A actividade levarase a cabo en horario a convir polos participantes, dentro da franxa de atención ao público, en grupos de 4 persoas como máximo.