Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > A Policía Local publica as normas de seguridade para as cacharelas de San Xoan 2025

/ A Policía Local publica as normas de seguridade para as cacharelas de San Xoan 2025

Volve a noite de San Xoán e, como ven sendo habitual para evitar problemas nesa data festiva, o departamento de Seguridade Cidadá fai públicas as normas seguridade para a noite das cacharelas san xoan 2025

A solicitude para poder facer cacharelas poderá presentarse nas dependencias da Policía Local dende o 5 de xuño ata as 14:00 horas do 21 de xuño. Tamén a través do correo electrónico cacharelas@arteixo.org achegando o impreso cuberto e a documentación necesaria

A normativa prohibe de forma expresa a celebración de cacharelas na Praza do Balneario, Campo da Festa, zonas peatonais do Concello, e zonas axardinadas municipais. Tampouco poderán facerse lumes en merendeiros ou áreas recreativas.

O texto indica ademáis que a hora límite para rematar a celebración é as 03:30 horas da madrugada e lembra a obriga de limpa-lo espazo autorizado ao remate da actividade.

Ir al contenido