Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

A policía local de Arteixo está a intensificar os controis de seguridade en Meicende debido a que detectou un aumento da venda de drogas a pequena escala e as consecuentes molestias e sensación de inseguridade que causan en veciños e comerciantes.

O concello solicitou á Garda Civil que aumente o número de efectivos na zona para combater esta venda que, aínda que a pequena escala, suscitou as queixas de comerciantes e veciños sobre todo na zona do Petón. A pesar de que a policía municipal non ten a competencia sobre este tipo de delitos, si que pode intensificar os controis sobre as persoas que saen e entran dos puntos de venda de droga, o que dificulta a venda polo miúdo destas substancias e ofrece unha maior sensación de seguridade aos residentes nas zonas onde se producen.

Ir al contenido