A policía local e o departamento de Servizos Sociais tivo que intervir nun caso de presuntos malos tratos en Arteixo.
O caso comeza cando na noite do xoves ao venres pasado uns veciños alertaron á policía local dos berros que se estaban producindo nun pìso da rúa Capela no núcleo de Arteixo. Unha patrulla da policía local compareceu inmediatamente no lugar e atopouse na porta do piso cun home que se dirixiu a eles coas frases “aquí non chamedes para nada” e “largarvos de aquí”, que foi identificado coas iniciais A.D.P. Nese momento os axentes escoitan a unha persoa gritando auxilio á vez que o home tenta pechar a porta aos axentes, que conseguen bloquear a porta a pesar de que o home se encara cos axentes e dilles “aquí polos meus collóns non entrades”. Os axentes comunícanlle que deben auxiliar á persoa que pide axuda e proceden á detención do home.
Os axentes comproban así o estado da persoa maior que pedía auxilio, a cal se atopaba sentada nunha cama chorando con numerosas feridas na cabeza e unha ferida sanguenta nun lado da cara e outra ferida sanguenta nunha perna.
Esta persoa identifícase como nai do home polas iniciais A.F.D., e manifesta aos axentes que o seu fillo golpeáraa. Os axentes chaman ao 061 e a muller é trasladada ao CHUAC. Os axentes tamén trasladaron a situación ao departamento de Servizos Sociais do concello para que realice un seguimento da situación á vez que levaban detido ao presunto agresor.