A policía local de Arteixo detivo a un home que responde as iniciais J.A.R.B sobre o que pesaba unha orde de busca e captura por diversos delitos e que xa foi conducido ao cárcere de Teixeiro.
A detención produciuse nun control rutineiro na avenida de Fisterra ao seu paso polo núcleo de Arteixo, onde primeiro se comprobou que o home non tiña permiso de conducir xa que se lle retirou preventivamente en pasadas datas. Posteriormente a patrulla de policías locais que o detivo tamén comprobou que se atopaba en busca e captura con orde de ingreso en prisión. A policía local trasladouno ás dependencias da garda civil para conducilo logo á prisión provincial.