Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A mesa de absentismo atendiu a 17 alumnos con reiteradas faltas neste curso

/ A mesa de absentismo atendiu a 17 alumnos con reiteradas faltas neste curso

A mesa municipal para o seguemento do absentismo escolar atendiu neste curso a un total de 17 alumnos de diferentes centros educativos do concello. Este mecanismo do concello, composto por representantes municipais, forzas de seguridade e dos centros educativos, analiza periódicamente os casos máis problemáticos de alumnado con reiteradas faltas á clase.

Os criterios para considerar a un menor como absentista, son cinco días ao mes de ausencias sen xustificación ou quince faltas xustificadas ao trimestre. Tres faltas de puntualidade equivalen a un día de ausencia sen xustificar.

Os datos da mesa indican que o absentismo comeza a ser un problema a partir dos sete anos. O programa contra o absentismo, impulsado pola concellería de Servizos Sociais que dirixe Inés Ramos, está composto de sesións de reforzo educativo, como talleres, obradoiros ou clases; para aqueles alumnos con problemas nos diferentes centros sociais do concello. Tamén inclúen reunións cos proxenitores co obxectivo de que as familias teñan apoio profesional.

O protocolo elaborado polo concello xunto cos representantes dos centros educativos, establece que a actuación comeza coa detección dun caso reiterado de absentismo. O centro debe de comunicalo aos servizos sociais municipais que á súa vez procede a citar aos proxenitores coa educadora familiar. Si os pais asisten á cinta, realízase unha entrevista con eles e, posteriormente, outra co menor. A partir de ahí realízase un diagnóstico da situación familiar en coordenación co centro educativo, e valóranse as posibles intervencións. Hai un camiño diferente si os pais non acoden á cita. Si non o fan en dúas ocasións, a terceira sería a través da policía local.

A mesa municipal de absentismo escolar está composta polas AMPAS, representación dos centros escolares de educación infantil, primaria e secundaria; garda civil, policía local; representación dos centros de saúde e responsables de servizos sociais, educación e seguridade do concello.

Na xuntanza celebrada esta semana presentouse o informe da situación actual e as medidas que están en marcha para abordar a situación. Tamén se deu conta da valoración e proposta de novas medidas que poden servir de mellor á situación e casuística actuais.

Ir al contenido