Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > A Garda Civil ofrece unha charla de consellos de seguridade no Centro Social de Rañobre

/ A Garda Civil ofrece unha charla de consellos de seguridade no Centro Social de Rañobre

O Concello, en colaboración coa Garda Civil, organiza unha charla informativa dirixida a persoas maiores de idade baixo o título “Consellos de seguridade”.

A sesión terá lugar o martes 2 de setembro ás 18:30 horas no Centro Social de Rañobre.

O obxectivo desta iniciativa é achegar información práctica para reforzar a seguridade persoal e a prevención de riscos, ofrecendo pautas e recomendacións sinxelas aplicables na vida diaria.

A entrada é libre ata completar aforo.

Ir al contenido