Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A empresa pública SUMARTE coordínase coa EDAR de Bens para solucionar os desbordamentos de Suevos

PUBLICACIÓN

A empresa pública SUMARTE coordínase coa EDAR de Bens para solucionar os desbordamentos de Suevos

6 Mar, 2024 | NOTICIAS, Uncategorized

SUMARTE en colaboración coa Edar de Bens comezou os traballos destinados a detectar as causas dos desbordamentos dun arenero en Suevos cando se producen choivas torrenciais.

A instalación serve para realizar un decantamiento das augas residuais antes de que cheguen á Edar de Bens, de forma que se eliminen as particulas máis pesadas que van na auga.

As choivas torrenciais provocan desbordamentos puntuais que cesan cando os niveis de achega de auga das conducións diminúe. Debido a esta situación a empresa pública de Arteixo SUMARTE e a Edar de Bens están a traballar de forma coordinada para buscar as causas destes desbordamentos, que poden ser unha conxunción de varios factores que tamén teñen que ver co ritmo de bombeo de instalaciónes como a Estación de Bombeo de Sabón, que tamén xestiona a Edar de Bens.

Para buscar as posibles causas abriuse hoxe a laxa de formigón do arenero e aproveitouse para realizar unha extracción de lodos e para controlar o estado de funcionamento das distintas partes que forman a instalación. Tanto SUMARTE como a Edar de Bens confían en que este tipo de traballos poidan conducir a unha solución para os desbordamentos, unha vez que os técnicos realicen unha análise completa das posibles causas do problema.

Ir al contenido