Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A comunidade educativa da escola de Barrionovo ultima coa concelleira Inés Ramos o proxecto de reforma do patio do centro

/ A comunidade educativa da escola de Barrionovo ultima coa concelleira Inés Ramos o proxecto de reforma do patio do centro

A concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos, reúnese coa comunidade educativa da escola de Barrionovo co obxectivo de organizar o desenvolvemento e execución do proxecto de reforma e renaturalización do patio deste centro educativo.

A actuación conta cun investimento de  52.000 € e serve para materializaro traballo levado a cabo desde o curso 2019-2020 por toda a comunidade educativa da escola de Barrionovo.

O obxectivo é o enriquecemento das opcións de estancia e actividade do alumnado no seu espazo de recreo, conferíndolle así a posibilidade de gozar de diferentes texturas, equipamentos e posibilidades.

Para poder dar resposta a estes condicionantes ampliarase a superficie dispoñible, pasando dos 196 metros cadrados aos 332 metros cadrados. Aumentarase o carácter verde e a exuberancia do patio a través de elementos vexetais, creando tamén un límite vexetal coas rúas circundantes, tamizando así a visión, a acústica e a privacidade do patio.

Os xogos e elementos de psicomotricidade estarán construídos principalmente con elementos naturais. A maiores crearanse zonas de experimentación como hortas, compostaxe e elementos de auga. A intervención completarase coa creación dun espazo de acollida no exterior.

Ir al contenido