Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia

/ Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia

A Deputación da Coruña convoca a sétima edición dos Premios PEL: Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia (PEL-EPR PREMIO 2025), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer ás mellores iniciativas empresariais da provincia da Coruña, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental
como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.

Cun orzamento total de 75.000 euros, os premios están dirixidos a pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña.

Nesta edición outorgaranse 20.000 euros á candidatura gañadora de cada unha das tres categorías seguintes:

1ª CATEGORÍA: Premio Iniciativa emprendedora: Dirixida a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que iniciaran a súa actividade empresarial nas anualidades 2023, 2024 ou 2025.

2ª CATEGORÍA: Premio Traxectoria empresarial. Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que comezasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2022 ou con anterioridade.

3ª CATEGORÍA  A PROPOSTA DO XURADO: Premio Proxección e innovación sostible: Sen postulación previa de candidaturas.

No caso de que o Xurado considere que algunha empresa que non chegou a obter o premio en calquera das tres categorías, teña demostrado méritos destacados, poderá outorgar ata tres accésits por valor de 5.000 euros brutos cada un.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel .

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 16 de maio ás 14.00 horas.

Pode consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP tanto na plataforma Subtel como na páxina web dos Premios PEL

Ir al contenido