A Xunta de Galicia adica 500.000€ ao programa de incentivos ás empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica.
O Prazo estará aberto do 22 de abril ao 30 de setembro de 2025.
As bases establecen que as persoas beneficiarias serán empresas privadas, nas que a maioría da súa titularidade corresponda ás persoas físicas promotoras, ou persoas autónomas que inicien a actividade nun prazo non superior a un ano desde a cualificación do proxecto como IEBT e creen emprego estable para persoas desempregadas.