SUMARTE iniciou este ano o envío das facturas de forma electrónica a todos aqueles que teñen domiciliada a factura na súa conta bancaria.
Aqueles que non teñan a factura domiciliada no banco seguirana recibindo en papel, pero poden cambiarse á factura electrónica poñéndose en contacto con SUMARTE a través do teléfono fixo 981659090, enviar un whatsapp ao 698193000 ou un mail a atencionalcliente@sumarte.gal . Tamén aqueles que no seu momento non facilitasen o seu correo electrónico poden facilitalo polos mesmos medios.
O obxectivo desta medida é dobre: ser máis sostibles medioambientalmente ao usar menos papel e aforrar recursos económicos en imprimir, repartir e arquivar as facuras. Aqueles usuarios que desexen seguir recibindo a factura en papel teñen esa posibilidade pero deben poñerse en contacto con SUMARTE para comunicalo.