O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes de axudas á mobilidade para persoas con diversidade funcional e/ou con dependencia acreditada. O obxectivo é facilitar o uso dun medio alternativo de transporte, a aquelas persoas gravemente afectadas na súa mobilidade e que cumpran cos requisitos das Bases reguladoras destas, aprobadas no Pleno de 18 de decembro do 2018 .
Consignación orzamentaria: 50.000,00€ con cargo á partida orzamentaria da Concellaría de Servizos Sociais.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de outubro de 20225.