Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello de Arteixo pon en marcha un novo Obradoiro Dual de Emprego "Arteixo Seguro" para fomentar a empregabilidade en atención sociosanitaria

/ O Concello de Arteixo pon en marcha un novo Obradoiro Dual de Emprego «Arteixo Seguro» para fomentar a empregabilidade en atención sociosanitaria

O Concello de Arteixo anuncia a posta en marcha dun novo programa de formación e emprego denominado Obradoiro Dual de Emprego «Arteixo Seguro». Este proxecto ten como obxectivo mellorar as oportunidades de emprego no sector da atención sociosanitaria, un ámbito cada vez máis necesario e demandado para o benestar da comunidade.

O programa ofrece dúas especialidades formativas orientadas a cubrir a crecente demanda de profesionais no sector:

  • Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais.
  • Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en domicilios.

Este Obradoiro Dual de Emprego permitirá aos participantes adquirir un Certificado de Profesionalidade de nivel 2, que lles capacitará para desempeñar funcións esenciais no coidado de persoas dependentes, tanto en centros especializados como nos seus propios fogares.

Requisitos de Acceso
Para poder acceder a este programa, é necesario cumprir cos requisitos de titulación establecidos para un Certificado de Profesionalidade de nivel 2:

  • Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou un título equivalente.
  • Ou, alternativamente, competencias clave de nivel 2.

As persoas interesadas en participar neste programa deben dirixirse a maior brevidade posible á súa Oficina de Emprego para solicitar dito programa formativo.

A posta en marcha do Obradoiro Dual de Emprego «Arteixo Seguro» subliña o compromiso do Concello de Arteixo co desenvolvemento económico e social da localidade, facilitando a formación de calidade e a inserción laboral nun sector importante para o benestar da comunidade.

Contacto para máis información
Para obter información adicional sobre este programa, poden dirixirse ao Departamento de Emprego e Formación do Concello de Arteixo en Avda. Arsenio Iglesias, parcela 46, polígono industrial de Sabón , ou ben no teléfono de contacto 981659152.

Ir al contenido