Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A policía local detectou en agosto preto de 200 infraccións contra as normativas de seguridade e inspeccionou máis de 3000 vehículos

/ A policía local detectou en agosto preto de 200 infraccións contra as normativas de seguridade e inspeccionou máis de 3000 vehículos

A policía local de Arteixo realizou durante o pasado mes de agosto controles de seguridade nos que inspeccionou a 3.132 vehículos. Os axentes detectaron 194 infraccións contra distintas normativas relativas á seguridade como carecer de permiso de condución, cinco persoas que estaban buscadas por violencia de xénero, unha por quebrantar unha orde de afastamento ou tres persoas que estaban buscadas por furto.

Entre as infraccións descubertas pola policía local atópase a cometida por un condutor dun monociclo eléctrico que circulaba a unha velocidade que excedía o límite de velocidade regulamentaria e que levaba sobre as súas costas a un pasaxeiro. Os axentes locais puideron comprobar ademais como o vehículo fora modificado para anular o seu límite de velocidade máxima orixinal de 25 km por hora, que é o que corresponde a un transporte deste tipo.

Outra actuación reseñable foi a recuperación dun vehículo de marca BMW Z1 que foi localizado na zona da Zapateira e que se entregou para a súa custodia á policía nacional. Outra das infraccións foi a detención dun condutor que exhibiu un permiso de conducir arxentino falso aos axentes. Tras unha detallada comprobación púidose verificar que o documento presuntamente emitido en Arxentina era falso.

Ir al contenido