Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Nova edición do programa "Deseña o teu futuro"

/ Nova edición do programa «Deseña o teu futuro»

Nova Edición do programa Deseña o teu futuro. Trátase dunha iniciativa municipal que pretende facilitar que os mozos de 14 a 17 anos realicen estadías en empresas e poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesional. 
O programa busca Apoiar a adquisición de competencias, habilidades e cualificacións que completen o desenvolvemento persoal e a formación dos/as mozos e mozas participantes.
O concello invitou os centros educativos de ESO do concello para a participación no proxecto, e así habrá alumnos do IES Manuel Murguía, IES Pastoriza. IES de Sabón e co CPR Agarimo. Dende cada un destes centros realizarán unha proposta de derivación de menores que encaixarían no proxecto priorizando menores que precisaran dese achegamento á empresas para a toma de decisión ou ben para manter a motivación para a continuidade dos seus estudos.

Os mozos participantes realizaron visitas e estadías en diversas entidades e empresas do municipio co obxectivo de que os participantes coñeceran
de primeira man a actividade empresarial en diversos sectores.

Entre os obxectivos destas estadías nas empresas aparecen como os principais apoiar a formación da mocidade de Arteixo para que adquira
coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e a súa futura formación, facilitando un primeiro contacto coa realidade laboral do seu contorno, e facilitar a aproximación de mozos e mozas menores de 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías e visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas , e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Inés Ramos sinala que “é moi importante que en certas idades un poida tomar a decisión de dirixir os seus pasos hacia un horizonte profesional concreto, e este programa persegue que os mozos teñan máis información sobre en qué consiste a actividade das diferentes empresas para así poder
elixir”.

Consuta neste enlace toda a información.
Ir al contenido