Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As biliotecas municipais e o Banco de alimentos Rías Altas unen esforzos nunha iniciativa solidaria

/ As biliotecas municipais e o Banco de alimentos Rías Altas unen esforzos nunha iniciativa solidaria

A Concellaría de Cultura e Xuventude, en colaboración co Banco de Alimentos «Rías Altas», organiza unha recollida solidaria de alimentos nas bibliotecas municipais. Esta iniciativa terá lugar na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» de Arteixo e na Biblioteca «Antón Castro» de Meicende.

As persoas interesadas en colaborar poderán facelo de xeito solidario, deixando alimentos nos contedores habilitados para tal fin. Os participantes poderán levar libros de balde.

A recollida estará habilitada entre o 10 de xuño e o 12 de xullo. Durante este período, nas bibliotecas expoñeranse os libros dispoñibles para levar de balde, así como os contedores onde podedes deixar a vosa doazón de alimentos.

Ir al contenido