A Xunta de Galicia convoca unha nova edición do programa Bono das Persoas Autónomas para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas ou sociedades/comunidades de bens, que cumpran os requisitos de: antigüidade (42 meses), rendemento neto reducido de actividades económicas (inferior a 30.000 €) e facturación anual (mínimo 12.000 €), no ano 2021, a través da seguinte liña:
O obxectivo é a Mellora da competitividade para a adquisición dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, mellora da eficiencia enerxética, utensilios e ferramentas, reforma do local, equipamentos informáticos, de oficina ou negocio, rótulos, aplicacións informáticas ou páxinas web, deseño de marca….