A Concellaría de Cultura e Xuventude, da que é responsable María Dubra, a través da Rede de Bibliotecas Municipais de Arteixo convoca o Concurso Poético de Homenaxe a Rosalía de Castro.
Trátase dun concurso para a rapazada de 4º, 5º e 6º de Primaria. Poderán gañar diferentes premios comolotes de libros ou unha tabletpara que será para o gañador absoluto entre todos os participantes.
As bases pódense consultar neste enlace
Esta homenaxe poética vense a festexar arredor do Día de Rosalía. O recital poético dos poemas compostos e a entrega de premios celebrarase o día 17 de febreiro ás 11.30 horas na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» e a data máxima de recollida de traballos será o día 8 de febreiro ás 19.30 horas.
A coñecida poetisa Yolanda Castaño formará parte desta edición que contará cun xurado dirixido por Marisa Irimia.