O Concello de Arteixo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servicio Público de Empleo Estatal porán en marcha por duodécimo ano consecutivo un Programa Integrado de Emprego. Os Programas Integrados de Emprego de Galicia teñen por obxecto a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego durante un período de 12 meses, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de formación, información, orientación, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de intelixencia emocional e motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborales, emprendemento, emparellamento con ofertas de emprego, prácticas profesionais non laborais…
Este novo proxecto, que porá en marcha o departamento de Promoción Económica que dirixe Ángel Vázquez, beneficiará un total de 100 persoas desempregadas de Arteixo dos seguintes colectivos: mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
O novo programa inclúe accións de formación específica de:
- caixeiro/atención ao cliente/carretillleiro/a,
- organización e xestión de almacéns,
- operario/a de almacén/att.ao cliente,
- operario/a de limpeza.
O alumnado tamén recibirá formación transversal en: alfabetización informática e internet, prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, peixe e alérxenos, marca/coaching, emprendemento, orientación laboral, preparación en competencias clave, igualdade… Toda esta formación combinarase con sesións individuais cos integrantes do Programa Integrado de Emprego. O alumnado que participe no programa recibirá unha bolsa de 10 € por día de asistencia as accións programadas e contarán con medidas de conciliación da vida familiar e laboral.
O comezo do PIE está previsto para o vindeiro mes de xaneiro e os interesados poden solicitar información no tel. 981659147 de Promoción Económica do Concello ou no Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46).