O dispositivo de seguridade posto en marcha pola policía municipal e protección civil para as festas patronais de Arteixo só rexistrou unha presunta infracción de carácter delituoso. Ocorreu o pasado 26 de xullo cando dous axentes da policía local observaron entradas e saídas de persoas dun vehículo estacionado na intersección da rúa Manuel Pardo Alvedro e a avenida de Finisterre. Os axentes da policía local realizaron entón un rexistro no vehículo no que atoparon diversas substancias estupefaccientes como cocaína, ketamina, marihuana e haxix, ademais de básculas de precisión e outros últiles destinados á elaboración de dose de droga.
Ante estes feitos os policías locais procederon á detención dos tres ocupantes do vehículo: unha muller que responde as iniciais de I.G.C. e dous homes coas iniciais E.R.V. e H.F.Q. Estas tres persoas foron detidas por un presunto delito contra a saúde pública. O vehículo foi trasladado polo guindastre ao depósito de coches municipal.
O resto do dispositivo de seguridade organizado pola polícía local para as festas patronais transcorreu sen ningunha incidencia máis.