Desde as Concellarías de Deportes e Educación comunicamos que o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2023/2024 será o seguinte:
NOVAS INSCRICIÓNS
- Prazo de preinscrición: do 17 ao 31 de xullo
- O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.
- No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
- Exposición de persoas preinscritas: A partir do 4 de agosto na páxina web municipal.
- Prazo subsanación erros: 7 – 9 de agosto na páxina web municipal.
- Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 10 de agosto na páxina web municipal.
- Sorteo público: 11 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
- Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 14 de agosto na páxina web municipal
- Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (16 ao 25 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
- De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de setembro.
- Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
- Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
- Comezo das actividades: Primeiro día lectivo do curso para o alumnado que teña formalizada a inscrición.
- Inscricións
- Actividades deportivas: Servizo Municipal de Deportes (Complexo Deportivo Municipal de Arteixo) de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659131 e 981659132
- Actividades educativas: Departamento de Educación (Av dos Bosques 16),de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659121 e 981659122.
- Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de 5 participantes para levar a cabo a actividade
- Servizos complementarios. Ocioteca: dirixida só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte escolar e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
- Prezo Público e forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. O prezo público pode ser obxecto de redución segundo as circunstancias socioeconómicas da unidade familiar.
- Formas de pago:
- Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
- Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar por alumno sexa superior a 50 €)
- Xunto coa inscrición: 50 %
- 1-20 febreiro: 50%
- A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.
Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida a permanencia no recinto escolar das persoas acompañantes do alumnado que asiste ás actividades extraescolares.
Prezo público:
Actividades extraescolares nos centros escolares | |||
2.2.1 | Actividades deportivas extraescolares (dúas horas semanais) por curso | ||
2.2.1.1 | Unha actividade | 50 € | |
2.2.1.2 | Dúas actividades | 75 € | |
2.2.1.3 | Tres actividade | 110 € | |
2.2.1.4 | Catro actividades | 125 € | |
2.2.2 | Actividades Educativas Extraescolares por curso | ||
2.2.2.1 | Actividades 1 hora semanal | 25 € | |
2.2.2.2 | Actividades 2 horas semanais | 38 € | |
2.2.2.3 | Actividades 3 horas semanais | 55 € | |
2.2.2.4 | Actividades 4 horas semanais | 65 € | |
2.2.2.5 | Actividades 5 horas semanais | 80 € | |
2.2.2.6 | Actividades 6 horas semanais | 110 € | |
2.2.2.7 | Actividades 7 horas semanais | 120 € | |
2.2.2.8 | Actividades 8 horas semanais | 125 € |
- Circular EEI Larín (Enlace a circular)
- Circular EEL Lagoa (Enlace a circular)
- Circular EEI Rorís (Enlace a circular)
- Circular EEI Vilarrodís (Enlace a circular)
- Circular EEI Barrionovo (Enlace a circular)
- Circular CEIP Ponte dos Brozos (Enlace a circular)
- Circular CEIP Arteixo (Enlace a circular)
- Circular CEIP Galán (Enlace a circular)
- Circular CEIP San Xosé Obreiro (Enlace a circular)