Orde do 10 de maio de 2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº102, do 31 de maio do 2023.
Obxecto:
Apoio de persoas autónomas que cesaron a súa actividade e van a volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas. As novas altas no RETA deben realizarse entre o 31 de outubro de 2022 e o 30 de outubro de 2023.
Tipos de axuda:
Bono alta nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio (10.000,00 €).
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):
O prazo de solicitude será desde o 1 de xuño e o 31 de outubro de 2023 (https://sede.xunta.gal/). A concesión será por orde de presentación de solicitudes.