Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 10 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria para o ano 2023 (DOG. núm. 21 do 31-01-2023).
Obxecto e finalidade:
Incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades de inserción laboral. Os incentivos poderán referirse a:
- contratación indefinida inicial, a tempo parcial ou completo
- incremento de xornada das contratacións indefinidas de tempo parcial a tempo completo,
- incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos,
- para adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
Ámbito temporal
Contratacións realizadas entre o 01-10-2022 e o 29-09-2023.
Prazo de solicitudes
Desde o 1 de febreiro ao 29 de setembro de 2023, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia