A policía municipal recibiu hoxe un novo coche patrulla, que xa conta con avances tecnolóxicos como un DESA, un desfibrilador semiautomático, co que xa se están equipando paulatinamente todos os vehículos de seguridade e emerxencias do concello segundo vaise procedendo á súa renovación.
Os vehículos policiais do concello realizan unha media de 40.000 quilómetros ao ano. Este vehículo en concreto incorpora a tecnoloxía híbrida, polo que dispón de cargador para as súas baterías de electricidade e tamén pode circular con gasolina.