Orde do 22 de abril de 2022 da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, publicada no DOG nº98, do 23 de maio do 2022.
Obxecto:
Transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal (código de procedemento CO300C).
Beneficiarios:
- Comerciantes retallistas, que teñan a condición de peme, un número de empregados/as igual ou inferior a 20, estean dados de alta nos epígrafes do IAE do anexo II e III e que o establecemento comercial teña una superficie de venda igual ou inferior a 300 m2.
- Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Actuacións subvencionables:
Gastos e investimentos que se realicen entre o 1 de decembro de 2021 e o 14 de outubro de 2022, e que afecten a:
1.- Dixitalización comercial.
2.- Modernización comercial de establecementos con tenda física.
Prazo de solicitudes:
Dende o 23.05.2022 ao 23.06.2022, por vía electrónica a través da sede electrónica