O Departamento de Participación Cidadá ofrece un curso de Monitor de Pilates homologado pola Federación Galega de Ximnasia.
Serán 18 prazas e o prazo de inscricións é do 18 ao 25 de abril.
Os interesados teñen que entregar a folla de inscrición debidamente cuberta no Departamento de Participación Cidadá ou enviala por correo electrónico a participacion.cidada@arteixo.org