Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello adica, mediante novos convenios, cerca de 40.000€ a axudar a distintas ONG's

/ O Concello adica, mediante novos convenios, cerca de 40.000€ a axudar a distintas ONG’s

Arteixo mantén a súa aposta pola solidariedade coa sintura de catro novos convenios con outras tantas ONG’s coas que colaborará con 36.000€.

O Concello asina un acordo con ASPACE, dotado con 10.000€ e que servirá para apoiar o traballo que esta entidade desenvolve en Arteixo. A Concelleira Inés Ramos destaca que “a Asociación de Pais de persoas con Parálise Cerebral leva a cabo unha labor importantísima, que realiza coas familias que necesitan de todos os apoios necesarios. A súa labor e todavía máis importante se temos en conta os logros de Aspace nos últimos anos no cuidado destes enfermos”. “O obxecto do presente convenio é colaborar coa financiamento do transporte de usuarios de ASPACE, para que poida prestar servizos de calidade aos usuarios afectados de parálise cerebral con residencia no municipio de Arteixo, dacordo á relación de usuarios que ASPACE comunique ao concello”

Aspace ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das personas con parálise cerebral mediante a defensa dos seus dereitos, os servizos ás entidades asociaciadas e cooperación institucional. Tamén loitam pola visibilidade das persoas con parálise cerebral, os seus dereitos e a súa dignidade, mediante o pulo de proxectos e alianzas con diversas institucións e entidades privadas.

O Concello tamén colabora con 10.000€ con Adaceco que é a Asociación de Dano Cerebral de A Coruña. Trátase dunha axuda ao seu traballo na neurorrehabilitación e atención integral ás personas afectadas por dano cerebral e as súas familias, que combina e integra multitude de disciplinas e ofrece un tratamento integral a todos os enfermos afectados por este tipo de patoloxías.

Cáritas será outra das entidades que tamén recibirá 10.000 euros e que servirán para suministrar productos de alimentación e outros artículos básicos para personas en situación vulnerable por razones económicas.

A última partida, de 6.000€, destínase á ONG «Reto a la Esperanza» para axudalos no seu labor de asistencia a personas afectadas por problemas relacionados coa toxicomanía.

Ir al contenido