A Rede Municipal de Bibliotecas recupera o próximo mes de abril, con motivo do mes do libro, o tradicional expurgo de libros que se levaba acabo, antes da pandemia, nas rúas do Feirón. Será o próximo 23 de abril cando na rúa exporán libros procedentes da rede de bibliotecas ou de doazóns particulares. Animará a xornada Teatro Calavera.
Durante todo o mes, ademáis, refórzase a programación habitual de contacontos e bebecontos. Trátase de actividades para rapazada de 4 a 11 anos no caso dos primeiros; e de 1 a 3 anos no caso dos bebecontos. Todas as actividades son previa inscrición e ás 18.30 horas, agás as que especifiquen outros horarios.
A programación completa pódese descarregar, neste enlace.