Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 29 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria para o ano 2022 (DOG. núm. 19 do 28-01-2022).
Obxecto e finalidade:
Incentivos á contratación por conta allea, á formación e ao emprego con apoio a través de dous programas:
- Programa I (procedemento TR342C).
- Incentivos á contratación por conta allea: contratación indefinida inicial, contratación temporal, transformación de contratos temporais en indefinidos e incremento de xornada a tempo parcial.
- Incentivos a accións formativas no centro de traballo.
- Programa II (procedemento TR342A). Emprego con apoio.
Ámbito temporal
Contratacións realizadas entre o 01-10-2021 e o 30-09-2022.
Prazo de solicitudes
Desde o 31 de xaneiro ao 30 de setembro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia