O Concello de Arteixo comezou hoxe un plan integral de limpeza industrial de todas as beirarrúas dos núcleos urbanos de Arteixo, Pastoriza, Oseiro, Vilarrodís e Meicende.
As 20 personas encargadas destas tarefas recibiron formación previa sobre limpeza industrial. Comezaron o pasado 29 de outubro,
O Concello leva a cabo estas tarefas a través do novo obradoiro de emprego e ten como obxectivo realizar unha limpeza profunda de materiais de carácter plástico ou hidrocarburos solidificados que están pegados no firme. A campaña, que se inicia hoxe, terá unha duración de oito meses.