PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS PARA O ANO 2022 (PROCEDEMENTO TR341Q)
Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.
Obxecto:
Mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas ou sociedades, que cumpran os requisitos de: antigüidade (42 meses), rendemento neto reducido de actividades económicas (inferior a 30.000 €) e facturación anual (mínimo 12.000 €), a través de dúas liñas:
– Liña 1: mellora da competitividade a través dalgún dos servizos de: plan estratéxico do negocio, plan de refinanciamento, plan de marketing…………
– Liña 2: mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, mellora da eficiencia enerxética, utensilios e ferramentas, reforma do local, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas ou páxinas web, deseño de marcao….
Os gastos subvencionables deberán estar realizados desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data marcada na resolución de concesión, en todo caso, antes do 5 de decembro de 2022.
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos https://sede.xunta.gal):
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2022.