Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Aínda quedan prazas dispoñibles para o novo plan de emprego do Concello

/ Aínda quedan prazas dispoñibles para o novo plan de emprego do Concello

Os Programas Integrados de Emprego de Galicia teñen por obxecto a mellora da ocupación e a inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego durante un período de 12 meses, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de formación, información, orientación, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de intelixencia emocional e  motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborales, emprendemento, emparellamento con ofertas de emprego, prácticas profesionais non laborais…

Este novo proxecto, que porá en marcha o departamento de Promoción Económica do concello de Arteixo que dirixe Ángel Vázquez, beneficiará un total de 100 persoas desempregadas de Arteixo dos seguintes colectivos: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción e mulleres.

O novo programa inclúe accións de formación específica de:

  • caixeiro/repoñedor/operario de almacén,
  • organización e xestión de almacéns,
  • operario de almacén/produtos de pesca e cárnicos,
  • axudante de cociña,
  • operacións básicas de restaurante e bar,
  • operario de limpeza

O alumnado tamén recibirá formación transversal en: alfabetización informática e internet, prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, peixe e alérxenos, marca/coaching, emprego 2.0, emprendemento, orientación laboral, preparación en competencias clave… Toda esta formación combinarase con sesións individuais cos integrantes do Programa Integrado de Emprego.

O nivel de inserción laboral acadado en edicións anteriores foi superior ao 50%, estando nesta última edición preto do 70%.

O comezo do PIE está previsto para o vindeiro mes de xaneiro e os interesados poden solicitar información nos teléfonos 981640572 e 981659147 de Promoción Económica do Concello.

Ir al contenido