A Concellería de Promoción Económica, participación, xuventude e novas tecnoloxías, pon en marcha a XVII Edición do Concurso de escaparates de Nadal co que se pretende axudar á promoción de comercio local e incentivar a súa modernización e mellora ademáis de animar ós compradores nas datas navideñas.
Poden participar todos os comercios, servizos e hostalaría que desenvolvan a súa actividade no noso termo municipal. Os interesados teñen de prazo para se inscribir ata o 10 de decembro.
Os participantes deberán ter decorados os seus escaparates, con motivos navideños, cando menos entre o 10 de decembro e o 7 de xaneiro de 2022. Un xurado examinará as creacións o 14 de decembro entre as seis da tarde e as nove da noite; e días sucesivos se fora necesario.
O Concello repartirá preto de 3000 euros en premios. Serán 1100 euros para o mellor escaparate; 800 para o segundo; 500 para o terceiro e un accésit á orixinalidade dotado con 450 euros.