O Diario Oficial de Galicia recolle a nova convocatoria do Plan de Rescate da Xunta para autónomos e empresas á que se destinan 134,4 millóns de euros.
A nova orde da Xunta inclúe as modificacións introducidas polo Goberno central no Real Decreto que regula os pagamentos: amplía ao 30 de setembro de 2021 o prazo das débedas contraídas a cubrir polas axudas, e establece que poderán destinarse tamén a compensar custos fixos
As persoas interesadas poden solicitar as axudas ata o próximo 29 de novembro.