O Concello organiza por primeira vez a Feira de Oportunidades que cada ano pretende se converter nun escaparate para o comercio local. É a decisión acordada na reunión da Mesa Local de Comercio integrada polo goberno municipal, o Centro Comercial Aberto, a Xunta de Galicia e a Asociación de Consumidores da Coruña
Será os próximos 1, 2 e 3 de outubro e en colaboración co Centro Comercial Aberto de Arteixo.
A Feira ubicarase no campo da festa e contará con todas as recomendacións sanitarias actuais.
Os comerciantes que desexen participar, sexan ou non do CCA, poderán inscribirse cubrindo este formulario. O prazo finaliza o próximo 16 de setembro.
Pódense consultar as bases de participación neste documento
Como dende hai uns anos esta actividade coincidirá coa feira do motor Auto Arteixo.