Orde do 30 de xuño de 2021 da Consellería de Emprego e Igualdade pola que se establecen bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas e nova creación, e Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (DOG núm. 137 de 20.07.2021). Procedementos TR807I e TR340E.
Obxecto
Promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas:
- Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, entre o 1 de agosto de 2020 e o 31 de xullo de 2021.
- Programa II. Axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT, para sufragar as accións, gastos e pagamentos entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.
Prazo de solicitudes
- Programa I (procedemento TR807I): desde o 21.07.2021 ao 20.08.2021.
- Programa II (procedemento TR340E): desde o 21.07.2021 ao 30.09.2021.
Ambas obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.