PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS PARA O ANO 2021 (PROCEDEMENTO TR341Q)
Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
Obxecto:
Mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas ou sociedades, que cumpran os requisitos de: antigüidade (42 meses), rendemento neto reducido de actividades económicas (inferior a 30.000 €) e facturación anual (mínimo 12.000 €), a través de dúas liñas:
– Liña 1: mellora da competitividade a través dalgún dos servizos de: investigación de mercado, plan de marketing, plan de comunicación ou crecemento, refinanciamento…………
– Liña 2: mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, útiles ou ferramentas, reforma do local, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas ou páxinas web, logotipo, mobiliario….
Os gastos subvencionables deberán estar realizados desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a data marcada na resolución de concesión, en todo caso, antes do 31 de decembro de 2021.
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos https://sede.xunta.gal):
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xullo ao 12 de agosto de 2021.