Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo e-dixital, unha axuda a reforzar a dixitilización da hostaleiría e pequeno comercio locais

/ Arteixo e-dixital, unha axuda a reforzar a dixitilización da hostaleiría e pequeno comercio locais

O Concello de Arteixo pon en marcha o proxecto «Arteixo e-dixital: ferramentas para a dixitalización da hostalería e o pequeno comercio». O obxectivo é mellorar a dixitalización dentro da hostalería e o pequeno comercio do municipio.

A iniciativa, da concellería de Promoción Económica, ofrecerá formación en materia de sede electrónica para hostalaría e pequeno comercio, un servizo gratuito de consultoría, e formación práctica sobre a xestión de redes sociais. Tamén incorpora accións para a visibilidade do comercio.

O período de inscrición é do 05 ao 09 de xullo e realizarase  a través de correo electrónico emprego@arteixo.org ou presecialmente no departamento de Promoción Económica (Edificio Arteixo Innovación sito en Avda. Arsenio Iglesias parcela 46 – Políg. Industrial de Sabón.)

Inscrición Arteixo E-Dixital

Ir al contenido