Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Obradoiro de Emprego «Arteixo pola capacitación xuvenil 2021-2022

/ Obradoiro de Emprego «Arteixo pola capacitación xuvenil 2021-2022

O Concello de Arteixo, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, que achega unha subvención de 369.492,32 €, pon en marcha o Obradoiro de Emprego “Arteixo pola capacitación xuvenil 2021-2022”.

Este proxecto ten un apoio financeiro da Unión Europea a través do FSE, Programa operativo de emprego xuvenil.

Durante os próximos 12 meses os 16 alumnos/traballadores inscritos no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil, estarán contratados polo Concello de Arteixo mediante un contrato de formación e aprendizaxe, polo que percibirán o Salario Mínimo Interprofesional establecido. Así mesmo, durante este período recibirán unha formación na especialidade de revestimentos con pasta de morteiros na construción, xunto con outra formación transversal como: alfabetización informática, sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais, educación básica e ESO, igualdade e orientación profesional e formación empresarial. Para participar na selección do Obradoiro os mozos/as de entre 18 e 30 anos de idade, deberán estar desempregados, inscritos/as e en situación de beneficiarios/as no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil.

Así mesmo, o Obradoiro de Emprego contará con un equipo directivo composto por tres persoas: un director e dous docentes.

Desde o Concello celébrase a posta en marcha desta nova acción para mellorar a empregabilidade da mocidade do Concello, e que supón a continuidade do Obradoiro Dual de Emprego “Mellora dos equipamentos municipais 2020-2021” no que na actualidade se están pintar diversas instalacións municipais.

«O emprego e a formación sempre están dentro das nosas grandes prioridades. Seguimos apostando incondicionalmente polas políticas activas de emprego a través da formación e a práctica laboral, como fórmula para combater o desemprego. Na actual situación económica, compre unir esforzos entre todas as Administracións Públicas para así lograr mellores resultados. Neste senso, destaca a colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade e o Concello de Arteixo, que levan anos financiando conxuntamente a realización de obradoiros, programas integrados de emprego, cursos de formación para desempregados, información e orientación laboral ou emprendemento”, apunta o concelleiro de Promoción Económica, Angel Vázquez Sande.

 

 

Ir al contenido