O concello de Arteixo, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, puxo marcha nos últimos meses o Obradoiro de Emprego “Mellora dos equipamentos municipais”.
Este obradoiro dual de emprego imparte a especialidade formativa de Pintura Industrial en construcción, con un total de 20 alumnos/as traballadores/as para a citada especialidade.
Os 20 alumnos traballadores foron seleccionados/as a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia. Despois superaron un tribunal avaliador segundo as bases aprobadas, e foron contratados/as a través dun contrato de formación e aprendizaxe.
Durante este período, os alumnos/traballadores cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional e, ao mesmo tempo recibirán formación conducente á obtención do certificado de profesionalidade EOCB0311-Pintura industrial en construcción, ademáis dunha formación específica en alfabetización informática, sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais, educación básica e ESO, Igualdade e Orientación profesional e formación empresarial.
Este grupo de alumnos/as traballadores/as estará dirixido por un/unha directora e dous/duas docentes, e realizarán distintas actuacións de pintura interior, exterior, barnizado, lacado e tratamentos de elementos metálicos en instalacións propias do Concello de Arteixo.
Paralelamente, o concello de Arteixo tamén organizou nos últimos meses os Programas Integrados de Emprego, que teñen por obxecto a mellora da ocupación e a inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de información, orientación, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.
O Programa Integrado de Arteixo beneficiou a un total de 100 persoas desempregadas de Arteixo dos seguintes colectivos: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción e mulleres.
O novo programa inclúe accións de formación específica de:
-
- caixeiro/repoñedor/operario de almacén,
-
- operario de almacén/produtos de pesca
-
- atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (certificado de profesionalidade),
-
- axudante de cociña,
-
- operacións básicas de restaurante e bar,
-
- operario de limpeza
O alumnado tamén recibiu formación transversal en: prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, peixe e alérxenos, marca/coaching, emprego 2.0, emprendemento e orientación laboral.